
Programa gratuíto grazas ao cofinanciamento Programa FSE+ de Educación e Formación, Emprego e Economía Social (EFESO), e impulsado por EOI-Escola de Organización Industrial e Fundación Paideia.
Presentación
TERRITORIO EMPRENDE é un espazo colaborativo de formación e acompañamento para aprender metodoloxías encamiñadas a aprender a idear colectivamente, en beneficio do territorio e o benestar da comunidade local das persoas rexistradas neste programa.
O obxectivo do programa é o acompañamento a persoas de Galicia con motivación de mellorar a súa contorna ao redor de temáticas con impacto social. Preténdese ademais crear redes de aprendizaxe no local, en aras á mellora do territorio.
Trátase dun programa formativo gratuíto grazas ao cofinanciamento Programa FSE+ de Educación e Formación, Emprego e Economía Social (EFESO), e impulsado por EOI-Escola de Organización Industrial e Fundación Paideia.

Datos generales
Personas (>18 anos) que teñan unha idea ou proxecto en fase temperá, con impacto positivo a nivel social e a persoas que se ben non contan cunha idea contreta ou experiencia sí con motivación por avanzar cara o ben común e cocrear unha contorna máis favorable para a súa comunidade en Galicia.
Os/as destinatarios/as poden ser persoas emprendedoras que xa estean implicadas en proxectos de innovación social e emprendemento con impacto na rexión ou persoas de calquera campo profesional, que teñan a inquietude e a motivación por idear e deseñar conxuntamente proxectos para mellorar a sociedade e a súa contorna.
Estímase que participen 20 persoas nesta convocatoria.
6 meses
42 horas de formación e 41 horas de mentorización (3 horas de titorías individualizadas e 38 horas de titoría por grupo).
Programa gratuíto grazas ao cofinanciamento Programa FSE+ de Educación e Formación, Emprego e Economía Social (EFESO), e impulsado por EOI-Escola de Organización Industrial e Fundación Paideia.
Provincia da Coruña
Contidos
O programa Territorio Emprende acompañará aos emprendedores para desenvolver e validar o modelo de negocio con impacto positivo en diversas áreas (integración social, novos modelos de convivencia, reto demográfico, transición enerxética, mobilidade, cultura, medioambiente etc.)/ etc.), con metodoloxías de co-creación, traballo en rede e “lean” adaptada a formulacións sostibles e rexenerativos, así como a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha.
O programa inclúe:
- 42 horas de sesións formativas grupais, en formato presencial.
- 41 horas de Tutorización-Mentoring: 3 horas individual e 38 horas por grupo en formato presencial/en liña para acompañar a cada proxecto emprendedor no deseño do seu modelo de negocio
- Dous retiros presenciais: encontros dos alumnos. Tecido de redes e alianzas de grupos de interese.
- Demoday final de presentación de proxectos.
Como bloques temáticos de sesións plenarias, contémplanse:
- Conectar co territorio I e II.
- Activar a colectividade.
- Imaxinar un futuro común.
- Gobernanza I e II.
- Prototipar e probar.
- Comunicar ben desde o corpo.
- Tecer o benestar.
- Impacto con sentido.
Así mesmo, realizaranse dous retiros presenciais, venres tarde e sábado mañá, onde a Comunidade inspiradora poida tecer alianzas e redes con grupos de interese.
Paralelamente ao desenvolvemento de coñecementos a través da formación grupal, iniciarase a mentorización individual e grupal para a posta en marcha dos proxectos. Dotarase dunha formación máis intensiva e adaptada ás necesidades dos proxectos participantes, de tal forma que se potencie ao máximo a capacidade das persoas e grupos para o traballo colaborativo.
Metodoloxia
Este programa combina dinámicas de creación e consolidación de traballo colaborativo e creación de grupos, así como metodoloxías, habilidades técnicas e experiencias prácticas que permitan a ideación colectiva, así como o desenvolvemento de competencias persoais e grupais para:
- Impulsar proxectos e ideas emprendedoras con impacto social e enfoque territorial. Nas titorías afondarase na viabilidade do “Plan de Vida de Proxectos comunitarios”.
- Construír comunidades de aprendizaxe, aproveitando o saber experto conxuntamente coa experiencia e intelixencia locais.
- Construír modelos colaborativos para afrontar desafíos en clave local.
Como parte do proceso de formación desenvolveranse proxectos grupais enfocados no desenvolvemento de ideas viables.
Ao finalizar o programa realizarase unha presentación DEMODAY do proceso vivido durante o programa e/ou ideas e proxectos de cada un dos grupos participantes na formación.
Información e Inscripción
Solicita xa a túa praza!
EOI - Escola de Organización Industrial
Contacta connosco en:
Fundación Paideia Galiza
Lugar da Escravitude 1, 15980 Padrón (A Coruña)
981 8170 00
territorioemprende@paideia.es
WhatsApp: 610 41 86 48